miércoles, 13 de abril de 2011

Traballo inskape. PRACTICA 11


Aquí vos explico un pouco o por que de facer este traballo, debese a que recentemente tivemos que facer un traballo de E.F  sobre como organizar unha competición deportiva, e eu elixin o tennis.

miércoles, 26 de enero de 2011

Practica 09: usos e costumes.

A verdade e que non uso moito o ordenador, xa que non teño internet na casa, pero cando o uso é para facer traballos, ordenar as fotos ou para escoitar música.
Estou segura de que si tivese internet na casa non o usaría única e exclusivamente para buscar información, ou para ver videos , senón que pasaría a maior parate do tempo en redes sociais como tuenti ou como facebook.
Son moitas as ventaxas que teñen os ordenadores, como por exemplo gardar unha gran cantidade de información ou cousas persoais como fotografias ou videos, pero como todo ten os seu inconvinte , como por exemplo que che entre un virus no ordenador e perdas toda esa información, música e videos que levavas gardando dende había moito tempo.
A primeira vez que tiven un ordenador na casa para min soa foi hai cinco anos, pero xa dende antes sabía manexalo un pouco e tiña aprendida cousas básicas coomo usar o "word'' e outras moitas cousas.
Na nosa xeración e imprescindible o uso dun ordenador xa que a maior parte de traballos para o instituto se fan por ordenador, e a maioria de nos non usamos as enciclopedias nin os libros de texto para buscar información, senón que usamos internet no noso día a día ainda que non teñamos internet.
A min gustariame aprender a darlle outros usos aos ordenadores que non fosen como os que lle dou ata agora(entrar en redes sociais, buscar información casi exclusivamente para traballos de instituto)